Comunicámosvos que xa está dispoñible o calendario escolar para o curso 2026-2027.
Este documento recolle as datas máis relevantes do curso: inicio das clases, períodos non lectivos, avaliacións, celebracións, actividades, reunións e outros momentos importantes da vida escolar do centro.
O calendario escolar é unha ferramenta fundamental para organizar e planificar o curso, tanto para as familias como para o alumnado e o profesorado. Por iso, recomendámosvos consultalo a miúdo para estar ao tanto das datas sinaladas e poder organizar con antelación as distintas actividades académicas e familiares.
Podedes descargalo aquí:
Ademais, o calendario estará sempre dispoñible na sección Familias da nosa páxina web: