Mini stay en Torquay 2027: información e inscrición para o alumnado de ESO

11 Nov, 2026

Facémosvos chegar a proposta de Grafton School para a mini stay en Torquay (Reino Unido), do 15 ao 21 de febreiro de 2027, dirixida ao alumnado de ESO. A inscrición, os pagamentos e a documentación xestiónanse directamente con Grafton School.

  • Datas: do luns 15 ao domingo 21 de febreiro de 2027 (6 noites).
  • Voo: directo Santiago – Londres Gatwick.
  • Aloxamento: con familias británicas, normalmente 2 ou 3 alumnos por familia.
  • Programa: 12 horas de clases de inglés, 4 actividades de tarde e unha excursión de día completo.

Os prezos, o que inclúe o programa, o planning da semana e as condicións están na proposta de Grafton School:

Proposta de Grafton School: mini stay en Torquay 2027 (PDF)

Como facer a inscrición

Estes son os pasos que indica Grafton School:

  1. Solicitude de inscrición. Cubride o formulario de inscrición de Grafton School. No campo «Asunto», copiade exactamente, en castelán: Viaje de fin de curso de Colegio Tirso de Molina 2027, e escollede a opción «Viajes de fin de curso».
  2. Alta na Área de Cliente. Despois recibiredes un correo para darvos de alta. Completade todos os datos que se piden como titor ou titora do alumno.
  3. Pedido e datos do alumno. Grafton School enviaravos o pedido do programa, cun primeiro pagamento do 10 %, e un formulario para completar os datos do alumno. Máis adiante recibiredes a factura dos voos.
  4. Documentación. Por último, recibiredes os documentos do programa para cubrilos e asinalos en liña.

Formulario de inscrición de Grafton School

Para calquera dúbida sobre a inscrición, escribide a Grafton School, Delegación Galicia, a delegaciongalicia@graftonschool.com, ou chamade ao 636 303 295.