O colexio renova este curso o seu Consello Escolar, o órgano no que están representados as familias, o alumnado, o profesorado e o persoal de administración e servizos (PAS). Se queredes presentarvos, tedes de prazo ata o luns 9 de novembro. As familias votan o martes 24 de novembro no Salón de Actos, e tamén podedes votar antes por Abalar, do 11 ao 17 de novembro.
Cada candidato, ou a persoa que o represente, presenta a candidatura na secretaría do colexio, de 8:15 a 12:30. Alí entregaranvos un recibo que acredita a presentación. O prazo está aberto desde o 29 de outubro.
Datas do proceso
- Ata o luns 9 de novembro: presentación de candidaturas na secretaría, de 8:15 a 12:30.
- Martes 10 de novembro: sorteo das mesas electorais e proclamación de candidaturas, que se exporán no taboleiro de anuncios do centro.
- Do 11 ao 17 de novembro: voto das familias por Abalar.
- Martes 24 de novembro: elección de representantes das familias (de 16:30 a 18:00, no Salón de Actos), do alumnado e do PAS.
- Venres 27 de novembro: proclamación das candidaturas elixidas.
- Martes 1 de decembro: constitución do novo Consello Escolar.
O calendario completo está tamén en Circulares: Calendario electoral das eleccións ao Consello Escolar 2026 (PDF).
Para calquera dúbida, escribide a secretaria@tirsoferrol.com.
