Cada alumno importa
O noso proxecto educativo responde a unha idea sinxela: cada alumno importa. A partir de aí, construímos unha aprendizaxe activa, cooperativa e con sentido, onde o alumno é protagonista e o profesor, guía.
Metodoloxía
Aprendizaxe cooperativa e traballo por proxectos, coa lectura comprensiva como columna vertebral de todas as áreas.
Intelixencia emocional
Ensinamos a recoñecer e xestionar as emocións. Quen se entende a si mesmo, aprende e convive mellor.
Idiomas
Papel central desde Infantil, de forma progresiva, para que o alumnado gañe confianza ao comunicarse noutra lingua.
Tecnoloxía e Plan Dixital
Ferramentas dixitais con criterio e sentido pedagóxico: acompañan a aprendizaxe, non a substitúen.
Convivencia · Punto Laranxa
Compromiso firme coa convivencia e a prevención do acoso. Un colexio seguro é a primeira condición para aprender.
Pastoral e MJM
Celebracións, reflexión e compromiso cos demais, na liña mercedaria. Prolóngase no Movemento Xuvenil Mercedario.
Descárgaos aquí
Os documentos oficiais que rexen a vida do colexio, a disposición das familias.