Familias
Todo o do día a día, nun sitio.
Circulares
Comunicacións por data e etapa
Calendario
Lectivos, festivos e datas clave
Comedor
Menús do mes para descargar
Aula Virtual ↗
Acceso a Google Classroom
Punto Laranxa
Canle confidencial contra o acoso escolar
Programaciones ↗
Consulta no portal da Xunta
Secretaría
Documentos, impresos e trámites
Titorías
Horario de visitas e cita previa
Comunicación
Cada cousa, pola súa canle
abalarMóbil é a canle oficial de comunicación entre as familias e o centro. Por aí chegan os avisos e por aí se fan as xestións do día a día.
| Se necesitas… | Onde |
|---|---|
| Avisar dunha falta ou dun atraso | abalarMóbil |
| Xustificar unha ausencia | abalarMóbil |
| Pedir cita co titor | abalarMóbil, correo do titor ou axenda |
| Preguntar por unha tarefa ou unha nota | O titor ou o profesor da materia |
| Matrícula, certificados, bolsas ou impresos | Secretaría |
| Unha situación de convivencia ou acoso | Punto Laranxa |
O grupo de WhatsApp da clase e as redes sociais non son canles oficiais do centro. Os avisos e as xestións fanse sempre por abalarMóbil.
Titorías
De outubro a maio
As titorías comezan o primeiro día lectivo de outubro e rematan o último día lectivo de maio. Cada titor ten un día e unha hora fixos, que se publican en setembro.
Como pedir cita: por abalarMóbil, polo correo electrónico do titor ou, ata 2º da ESO, pola axenda.
Non fai falta pedila cunha antelación concreta: o titor confirma a cita segundo a súa axenda. En casos urxentes atenderase o antes posible.
Secretaría
Luns a venres, de 8:15 a 12:30
Durante o curso atende tamén os martes de 16:00 a 18:00.
En xullo o horario é de luns a venres, de 9:00 a 13:00.
Últimas circulares
Domiciliación do material escolar
Circular para Infantil e Primaria sobre a domiciliación bancaria do material escolar.
Alta e reactivación do servizo de comedor escolar 2026-2027
Consulta as instrucións para darte de alta ou reactivar o servizo de comedor escolar en ColeChef para o curso 2026-2027, cos pasos de rexistro e contratación.
Material individual para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria
Xa está dispoñible a lista de material individual que deberá traer o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria ao inicio do curso. Descárgaa en PDF.
Listaxes de libros de texto para o curso 2026/2027
Xa están dispoñibles as listaxes de libros de texto e material didáctico para o curso 2026/2027. Descarga en PDF o documento correspondente a cada etapa.