No Tirso acompañámosvos desde o primeiro día: adaptación progresiva, titor ou titora de referencia, rutinas claras e comunicación próxima coas familias. Aquí tedes a información básica para organizar os primeiros días con tranquilidade.
Solicita unha visitaO período de adaptación
Para facilitar a incorporación e o benestar dos máis pequenos, o período de adaptación para o alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) organizarase de forma gradual, acorde coa normativa vixente da Xunta de Galicia.
Primeiro día de acollida e acompañamento: terá un formato especial de primeiro contacto e benvida, onde as familias poderán acompañar os nenos e nenas na aula para asegurar unha entrada serena e de confianza.
Días de adaptación: durante os primeiros días do curso, a incorporación realizarase en grupos reducidos e cun horario progresivo para favorecer unha transición positiva.
Os tres primeiros días
O primeiro día é a presentación e, despois, os nenos e nenas quedan na clase. Estes días cada clase divídese en dous grupos.
Primeiro grupo (primeira metade da lista): 9:15–11:00.
Segundo grupo (segunda metade): 12:00–13:45.
Cuarto día
Os dous grupos incorpóranse xa xuntos.
Horario: 9:00–12:00.
Quinto día e seguintes
Quinto día: 9:00–13:00.
A partir do sexto día: horario normal de 9:00 a 14:00.

Horarios e accesos
Despois do período de adaptación, o horario é o mesmo para toda a etapa de Infantil: entrada ás 9:00 e saída ás 14:00.
Pedímosvos puntualidade nas entradas e saídas: axuda a que a xornada comece con calma.
Servizos dispoñibles
| Servizo | Horario |
|---|---|
| Madrugadores | 7:00 – 9:00 |
| Comedor | 14:00 – 16:00 |
| Actividades extraescolares | Luns a xoves, 16:00 – 17:30 |
Comunicación co titor ou a titora
A comunicación coas familias é constante. Estas son as canles que usamos no día a día:
abalarMóbil
É a canle de comunicación oficial. Aí recibiredes notificacións do centro, convocatorias, avisos, partes de asistencia e cualificacións. Podedes descargar a app desde a páxina oficial de abalarMóbil.
Google Classroom
É a xanela dixital coa que conectamos a aula cos vosos fogares. Serve para seguir tarefas, contidos e actividades didácticas do alumnado. Podedes acceder desde Google Classroom.
Correo electrónico
Para consultas puntuais ou trámites.
Solicitude de titorías
As titorías serven para falar con calma sobre a evolución académica e persoal do voso fillo ou filla.
- Podedes solicitalas a través de abalarMóbil.
- Tamén podedes pedilas persoalmente ao titor ou titora.
- Outra opción é escribir un correo electrónico á titoría correspondente.
Entradas, saídas e información do día a día
Se xorde algo importante durante a xornada, o equipo docente ou o titor ou titora avisaravos, ata directamente, no momento da saída.

Materiais e uniforme
Uniforme
- Xersei con escudo.
- Polo branco.
- Saia ou pantalón (longo ou curto).
Roupa deportiva
- Polo con escudo.
- Pantalón curto e pantalón longo.
- Sudadeira.

Trámites e autorizacións
Preguntas frecuentes
Que pasa se o meu fillo ou filla chora ao entrar?
É normal que poida pasar nalgúns casos. Acompañamos a entrada pouco a pouco, con calma e respectando o seu ritmo.
Que comen? (comedor, alerxias, menús)
Todos os meses publicamos na sección de comedor da web o menú do mes e os menús adaptados para nenos e nenas con alerxias. Ao comezar o curso, debedes comunicar telematicamente as alerxias dos vosos fillos e fillas e achegar o certificado médico.
Como son as entradas? Podo entrar na aula?
Tratamos de que as entradas sexan o máis ordenadas posible, para que os nenos e nenas comecen o día con calma. O titor ou a titora indicaravos como se organiza a entrada na aula. Se algún día hai un atraso, podedes comunicalo a secretaría ou ao titor ou titora.
Como comunico unha ausencia ou recollida anticipada?
Podedes comunicalo a secretaría ou ao titor ou titora, igual que calquera incidencia relacionada coa entrada ou a saída.
Poden os familiares visitar os alumnos durante a xornada lectiva?
As familias poderán acompañar os seus fillos no centro durante as celebracións e actividades colectivas que se programen e convoquen ao longo do curso escolar.
Realízanse excursións ou saídas escolares durante o curso?
Si, ao longo do curso académico prográmanse diferentes saídas e actividades complementarias fóra do centro. Todas elas comunicaranse ás familias coa debida antelación, detallando a información da actividade e as autorizacións necesarias.
Como se ensina e se aprende na nosa etapa?
Aplicamos unha metodoloxía activa, participativa e adaptada ao desenvolvemento de cada alumno, onde o xogo constitúe unha ferramenta fundamental para a aprendizaxe. Combinamos esta dinámica lúdica co traballo cooperativo e o uso responsable das tecnoloxías, fomentando en todo momento a curiosidade, o pensamento crítico e a educación en valores.
Tedes máis dúbidas? Escribídenos ou pedide unha visita: contámosvolo con calma antes de comezar. Contacto.