Este xoves, 1 de outubro, comezan todas as actividades extraescolares do colexio.
As actividades seguirán o horario presentado nas reunións de inicio de curso, que tamén podedes consultar na nosa páxina web. A única excepción é un cambio puntual que xa se lles comunicou aos cursos afectados.
A entrega e recollida do alumnado farase na zona do parque infantil para cada actividade. O alumnado que utilice o servizo de comedor non necesitará unha recollida intermedia: o persoal do centro acompañarao directamente ao parque infantil ao rematar o horario de comedor.
Pedímosvos puntualidade para facilitar a organización e o bo desenvolvemento das actividades. Agradecemos a colaboración de todas as familias.
