Cada aula consta dun panel dixital interactivo ActivPanel LX 75”/65” Promethean e un ordenador portátil.

Os obxectivos que se perseguen con esta dotación son os seguintes:

  • Crear 21 aulas dixitais básicas que, como mínimo dispoñan dun panel táctil interactivo e un equipamento informático en cada aula.
  • Sustituir as pizarras dixitais coas que se contaba ata o de agora por paneis dixitais interactivos dun mínimo de 62” con sistema de ancoraxe á parede.
  • Dotar de medios ás aulas para potenciar o desenvolvemento da competencia dixital no alumnado.

Cómpre dicir que esta actuación para a dotación de aulas dixitais é financiada na súa totalidade polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado con cargo aos fondos da Unión Europea-NextGenerationEU, na súa convocatoria para o ano 2023 e foi apoiada pola Xunta de Galicia.

En base á ORDE do 11 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións públicas, en réxime de concorrencia non competitiva, a centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para dotación de aulas dixitais, financiadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento ED301K).

#XuntaGalicia

#NextGenerationUE

#PlanRecuperaciónTransformaciónEResilencia