Queridas familias:

Achegámonos a un dos momentos máis entrañables do ano, a celebración do Nadal, que agardamos poder gozar todos coas nosas familias, cheos de paz, saúde e moita felicidade.

Agora co Advento, invádenos un tempo repleto de ilusión e esperanza. Preparamos a chegada do Neno a nosa vida e a nosa familia.

Lembrámosvos algúns datos para estes días:

  • Do 10 ao 13 de decembro: celebración dos STOPs de Advento-Nadal cos distintos cursos.
  • Día 12 de decembro: Publicación por ABALAR das cualificacións do primeiro trimestre ao alumnado de Bacharelato.
  • Ata o día 20 de decembro continuaremos coa recollida de alimentos, en colaboración coa Confraría da Mercé.

Semana 16 – 20 de decembro:

Non haberá adestramentos dos distintos deportes.

Mércores 18 de decembro:

  • Confraternización de Nadal, ás 19:00 hs na capela do colexio.
  • Entrega de premios do concurso de tarxetas de Nadal.
  • Último día de actividades extraescolares.

Xoves 19 de decembro:

  • Probas de recuperación da 1ª avaliacion de Bacharelato.
  • Festival Nadal 2024, no pavillón ás 18:00 hs. “Encontraredes un neno envolto en cueiros e deitado nun pesebre” (Lc 2,12).

Venres 20 de decembro:

  • Probas de recuperación da 1ª avaliacion de Bacharelato.
  • Visita dos Reis Magos para Educación Infantil e Primaria.
  • Publicación por ABALAR das cualificacións do primeiro trimestre ao alumnado de Ed. Infantil, Ed. Primaria e ESO.
  • Último día do servizo de madrugadores e do servizo de comedor escolar.
  • Último día da actividade lectiva do trimestre. Voltaremos o mércores 8 de xaneiro.

Domingo 22 de decembro:

  • Concerto de Nadal do Coro Mosaico (MJMG) na capela do colexio.

Un afectuoso saúdo e moita paz, esperanza e ledicia nestas

festas do Nadal.

O Equipo de Dirección