Calendario electoral das eleccións ao Consello Escolar 2026
A Xunta Electoral do centro aprobou o calendario das eleccións ao Consello Escolar 2026. Recolle todas as datas do proceso, desde a presentación de candidaturas ata a constitución do novo Consello.
- Ata o luns 9 de novembro: presentación de candidaturas na secretaría, de 8:15 a 12:30.
- Do 11 ao 17 de novembro: voto das familias por Abalar.
- Martes 24 de novembro: votación das familias, de 16:30 a 18:00, no Salón de Actos.
- Martes 1 de decembro: constitución do novo Consello Escolar.
Calendario electoral das eleccións ao Consello Escolar 2026 (PDF)
Para calquera dúbida, escribide a secretaria@tirsoferrol.com.
Rexistro dixital de inicio de curso: que é e como se cobre
O rexistro dixital de inicio de curso substitúe aos impresos que ata agora se cubrían en papel. Faise unha vez por cada fillo ou filla, desde o móbil ou o ordenador, e asínase ao final. Leva uns dez minutos.
Rexistro dixital de inicio de curso
Éntrase co correo escolar do alumno, o que remata en @tirsoferrol.com, non co voso. Quen cobre e asina é o pai, a nai ou o titor legal.
Se tedes máis dun fillo no centro, hai que repetir o proceso coa conta de cada un: os datos familiares repítense, pero as autorizacións son individuais.
Cada pantalla gárdase ao premer Gardar e Continuar, así que podedes saír a medias e seguir máis tarde desde onde o deixastes.
Para calquera dúbida, ou se hai que corrixir algo despois de asinar, escribide a secretaria@tirsoferrol.com.
Domiciliación do material escolar
Este curso ofrecemos a opción de domiciliar por banco o pagamento do material escolar para os cursos de Infantil e Primaria. Para poder xestionar o cobro, todas as familias interesadas deberán entregar a autorización asinada, con independencia de que o centro xa dispoña ou non dos seus datos bancarios.
- Se a secretaría xa ten os seus datos bancarios: cubra e asine o resgardo de autorización que figura ao pé do documento e entrégueo ao titor ou titora no horario de visita dos días 3 e 4 de setembro. Non é necesario achegar de novo a ficha SEPA.
- Se a secretaría aínda non ten os seus datos bancarios: cubra o resgardo de autorización e achegue cuberto o mandato SEPA, dispoñible ao final desta circular, cos datos da conta. Entregue ambos documentos ao titor ou titora no horario de visita dos días 3 e 4 de setembro.
Para calquera dúbida, poden contactar coa secretaría do centro.
Alta e reactivación do servizo de comedor escolar 2026-2027
As familias que vaian utilizar ou reactivar o servizo de comedor escolar durante o curso 2026-2027 deben realizar a xestión a través da aplicación ColeChef. O documento adxunto inclúe os pasos para o rexistro, a reactivación e a contratación dos servizos.
Para iniciar a alta, debedes introducir o código do centro: ESKRL0LC90. Para calquera dúbida sobre o rexistro, ColeChef atende en soporteapp@colechef.com e no teléfono 94 242 00 18.
Material individual para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria
Xa está dispoñible a lista de material individual que deberá traer o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria ao inicio do curso. Descárgaa en PDF.
Listaxes de libros de texto para o curso 2026/2027
Xa están dispoñibles as listaxes de libros de texto e material didáctico para o curso 2026/2027. Descarga en PDF o documento correspondente a cada etapa.